A pesares da situación pandémica, o centro social é usado por diversos coletivos como a propia asociación de veciños para a celebración das súas reunións, festexos, eventos culturais e actividades semanais, pola asociación Carballeira de Baia para a celebración de eventos culturais ou festas puntuais, o CRA de Rianxo para a celebración de charlas ou seminarios, outras entidades veciñais coma o equipo de fútbol SD Araño, a comunidade de montes do Araño ou colectivos de traídas de augas para a celebración de xuntanzas e asambleas xerais.

Fai tempo que andábamos matinando como levar a cabo uns proxectos para dotar  de recursos ao centro social da Capela e poñelos a disposición de socios e veciñanza. Despois da análise das necesidades do centro en relación ao seu uso e da súa potencialidade para outros usos, concordamos que:

Felizmente, todos estes proxectos puideron ser levados a cabo grazas a concesión dunha subvención de 1500 € por parte da Deputación da Coruña e ao esforzo da propia asociación, e hoxe xa son unha realidade no centro social da Capela a disposición de toda a veciñanza en xeral, e á do Araño en concreto.

Só queda desfrutalo e coidalo para que dure moitos, moitos anos!

 

 

Scroll Up